APEHL

Axudas para autónomos e microempresas

TU500A. AXUDAS PARA PERSOAS TRABALLADORAS AUTÓNOMAS

18/02/2021. DOGA N.º 33

Descrición
Concesión de axudas do Programa de rescate das persoas traballadoras autónomas

Prazo de solicitude
Un mes desde o 19/02/2021 ou ata esgotamento do crédito

Beneficiarios

  • Persoas autónomas de alta no RETA, incluídos os societarios, que estivesen de alta antes do 30.03.2020.
  • Persoas autónomas de tempada, acreditando como mínimo 4 meses e máximo 9 meses de alta, en 2018 e 2019.
  • Domicilio fiscal en Galicia
  • Baixada de facturación de, como mínimo, o 45 %
  • Actividade especialmente paralizada ou baixada do 70 %
  • Unha solicitude por persoa física
  • O conxunto de débedas tributarias, se as hai, debe ter un importe inferior ao do anticipo, que lle corresponda pola axuda solicitada
  • A persoa beneficiaria debe estar ao corrente de débedas no prazo de 15 días naturais contados a partir do día en que recibise o anticipo, en caso contrario deberá proceder ao reintegro do anticipo

Contía da axuda
a) 1.200 € para as persoas que acrediten unha baixada de facturación entre o 45 % e o 60 %.
b) 2.000 € para as persoas que acrediten unha baixada de facturación de máis dun 60 % e de menos do 70 %.
c) 3.000 € para as persoas que acrediten unha baixada de facturación igual ou superior ao 70 %.

Para os autónomos de tempada, os importes da axuda serán o 50 %.

A baixada de facturación calcularase de maneira xeral comparando os datos de facturación
anual de 2020 cos do 2019.

Más información

 

TU500B. AXUDAS PARA MICROEMPRESAS

18/02/2021. DOGA Nº 33

Descrición
Concesión de axudas do Programa microempresas

Prazo de solicitude
Un mes desde o 19/02/2021 ou ata esgotamento do crédito

Beneficiarios

  • Persoas autónomas con traballadores
  • Microempresas
  • Pemes ata 25 persoas traballadores, cun volume de facturación non superior a 2 millóns de euros, e unha baixada de facturación de, como mínimo, o 60 % no ano 2020, comparando co 2019
  • Pemes de ata 25 persoas pertencentes á canle de distribución HORECA, o volume de facturación elevarase ata os 5 millóns de euros
  • Domicilio fiscal en Galicia
  • Baixada de facturación de, como mínimo, o 45 %.
  • Actividade especialmente paralizada baixada do 70 %.
  • Unha solicitude por persoa física.
  • O conxunto de débedas tributarias, se as hai, debe ter un importe inferior ao do anticipo, que lle corresponda pola axuda solicitada.
  • A persoa beneficiaria debe estar ao corrente de débedas no prazo de 15 días naturais contados a partir do día en que recibise o anticipo, en caso contrario deberá proceder ao reintegro do anticipo.

Contía da axuda
a) 4.000 € para as persoas que acrediten unha baixada de facturación entre o 45 % e o 60 %.
b) 5.000 € para as persoas que acrediten unha baixada de facturación de máis dun 60 % e de menos do 70 %.
c) 6.000 € para as persoas que acrediten unha baixada de facturación igual ou superior ao A baixada de facturación calcularase de maneira xeral comparando os datos de facturación anual de 2020 cos do 2019.

EXCEPCIÓNS
a) Para as altas ou empresas creadas ao longo de 2019, a baixada de facturación calcularase comparando a facturación media mensual dos meses con actividade do 2019 coa facturación media dos meses do ano 2020.
a) Para as altas ou empresas creadas desde o 1.1.2020 ao 31.3.2020, a baixada de facturación calcularase comparando a facturación media mensual dos meses con actividade do primeiro trimestre do ano 2020 coa media mensual do tres trimestres restantes de ano 2020. Dita cantidade incrementarase ata 3.000 € en función do número de persoas traballadoras por conta allea que teñan no momento da publicación da orde, segundo a seguinte escala:
a) 1.000 € se teñen de 4 a 9 persoas traballadoras
b) 2.000 € se teñen de 10 a 20 persoas traballadoras
c) 3.000 € se teñen de 21 a 25 persoas traballadoras

Documentación complementaria
A Documentación acreditativa da baixada de facturación, con algúns dos seguintes modelos:

  • Modelo 390 dos anos 2019 e 2020
  • Modelo 303 dos anos 2019 e 2020
  • Modelo 130 IV trimestre anos 2019 e 2020
  • Outros documentos

Requisito para ser beneficiario
As persoas beneficiarias deberán manter a actividade económica e o emprego durante 6 meses desde o 18 de febreiro de 2021.
Non se considerará incumprido devandito compromiso cando o contrato de traballo se extinga por despedimento disciplinario declarado como procedente, dimisión, morte, xubilación ou incapacidade permanente total, absoluta ou gran invalidez da persoa traballadora, nin polo fin do chamamento das persoas con contrato fixo-descontinuo, cando este non supoña un despedimento senón unha interrupción do mesmo. En particular, no caso de contratos temporais o compromiso de mantemento do emprego non se entenderá incumprido cando o contrato extíngase por expiración do tempo convido ou a realización da obra
ou servizo que constitúe o seu obxecto ou cando non poida realizarse de forma inmediata a actividade obxecto de contratación.

Más información

 

Descargar documentación