APEHL

Exención no canon da auga e coeficiente de vertedura

AU231C - Exención no canon da auga e coeficiente de vertedura


Obxecto
Exención do canon da auga e coeficiente de vertedura para os titulares de consumos de auga. 


Beneficiarios

  • Establecementos de restauración: restaurantes, salóns de banquetes, cafetarías e bares.
  • Establecementos de lecer e entretemento: salas de festas, discotecas, pubs, cafés espectáculo e furanchos.
  • Hoteis e aloxamentos turísticos.
  • Albergues turísticos.

A acreditación desta circunstancia realizarase mediante declaración responsable contida no anexo de solicitude.


Requisitos
Diminución significativa da actividade.
Segundo o disposto no artigo 4 da Lei 4/2021, de 28 de xaneiro, aos efectos de aplicación da exención, entenderase producida unha diminución significativa da actividade nos establecementos indicados, cando no período de vixencia da exención:

  1. Os consumos realizados sexan iguais ou inferiores ao 25 % do consumo realizado no período de facturación inmediatamente anterior ao 5 de novembro de 2020, no caso de que dispoñan de contador.
  2. Dos rexistros de aloxamentos, dos servizos efectivamente realizados ou do consumo eléctrico despréndase unha diminución da actividade no período de vixencia da exención de, polo menos, o 75 % respecto da actividade desenvolvida no período de facturación inmediatamente anterior ao 5 de novembro de 2020.

A acreditación do cumprimento do requisito previsto no apartado 1. realizarase pola entidade subministradora e, en caso de abastecerse de captacións propias, por Augas de Galicia.
A acreditación do cumprimento do requisito previsto no apartado 2. realizarase mediante unha declaración responsable do solicitante contido no anexo desta resolución.


Período de exención 
O período de exención do canon da auga e coeficiente de vertedura é o comprendido entre o 5 de novembro de 2020 e a data en que se levante a declaración de situación de emerxencia sanitaria de interese galego efectuada polo Acordo do Consello da Xunta de 13 de marzo de 2020, ambas as datas incluídas.
No caso de que non dispoñan de contador, os solicitantes deberán presentar unha solicitude por cada período de facturación onde o contribuínte considere que cumpre os requisitos de diminución significativa de actividade durante todo o período de vixencia da exención.


Prazo
Prazo de presentación: aberto todo o ano


Documentación para a presentación
ANEXO 1


Documentación complementaria
Copia da última factura de auga.
A acreditación da representación, no caso de actuar a través de representante.


Máis información
LEI 4/2021, de 28 de xaneiro, de medidas fiscais e administrativas
DECRETO 136/2012, do 31 de maio