APEHL

Axudas do Plan de apoio á hostalería no Concello de Friol

26.02.2021. BOP Nº 046

Prazo de solicitude

Vinte días hábiles desde o día seguinte á publicación no BOP da convocatoria.

Beneficiarios

a) Que a actividade económica sexa desenvolvida por unha persoa traballador autónomo ou entidade con domicilio fiscal e, en todo caso o local de desenvolvemento da actividade, se atopen no termo municipal de Friol.

b) Estar dado de alta no réxime da Seguridade Social e en Facenda no momento da presentación da instancia.

c) Non ter débeda algunha pendente co Concello de Friol. Este requisito verificarase de oficio polo Concello e debe cumprirse desde a data de presentación da solicitude ata a data do pagamento da subvención, no seu

caso.

Contía da axuda

Contía fixa de mil euros (1.000,00 €) ás persoas físicas autónomas e xurídicas con ou sen personalidade xurídica propia e con ou sen traballadores ao seu cargo, cando a actividade que viñesen desenvolvendo se tivese visto afectada polo peche de establecementos de hostalería e restauración disposto na orde da Consellería de Sanidade, de 26 de xaneiro de 2021, pola que se establecen as medidas de prevención específicas como consecuencia da evolución da situación epidemiolóxica derivada da Covid-19 (DOG Núm. 16-BIS, de 26 de xaneiro).

 

Descargar documentación