APEHL

Axudas do Plan de apoio á hostalería no Concello de Rábade

27/04/2021. BOP Nº 094 

Prazo de solicitude

15 días naturais desde o 27 de abril de 2021.

Beneficiarios

Autónomos e empresas de Rábade afectados polo peche de establecementos hosteleiros (bares, restaurantes, almacéns de distribución...).

Requisitos

  • Ter o domicilio fiscal e o establecemento onde se desenvolve a actividade en Rábade. 
  • Estar dado de alta na SS e en Facenda no momento da solicitude.
  • Non ter débedas coa AEAT, TGSS e o Concello de Rábade. 
  • Non atoparse en ningunha das circunstancias recollidas nos artigos 13.2 e 13.3 da Lei 38/2003, de 17 de novembro, Xeral de Subvencións.

Documentación

  • Modelo da solicitude.
  • DNI/Identificación ou CIF do solicitante e do representante segundo corresponda.
  • Escritura da entidade mercantil ou contrato de constitución da entidade sen personalidade xurídica, de ser o caso. 
  • Entidades sen personalidade xurídica: declaración firmada polos membros conforme delegan nun deles a representación para solicitar  erecibir a subvención.
  • Certificado da situación censal actualizado.
  • Resolución/certificación da Alta no Réxime de Autónomos.
  • Certificado da conta bancaria.
  • Declaración xurada (Anexo II).
  • Certificados de encontrarse ao corrente nass obrigas tributarias coa AEAT e a SS.

Contía da axuda

  • Contía fixa de 1.000 euros.
  • Concederase unha única axuda por establecemento, podendo ampliarse a contía fixa ata o esgotamento do crédito previsto. 

Resolución da axuda

Dous meses desde a finalización do prazo e presentación.

Solicitude

Descargar documentación