APEHL

TR357B, TR357C e TR357D. Convocatoria de axudas para implantar a igualdade laboral, a conciliación e a responsabilidade social empresarial en Galicia

10.05.2021. DOG Nº87

Descripción

  • LIÑA I. ELABORACIÓN E IMPLANTACIÓN DE PLANS DE IGUALDADE ( TR357 C)
  • LIÑA II. CONCILIACIÓN DA VIDA LABORAL, FAMILIAR E PERSOAL ( TR357 D)
  • LIÑA III. CERTIFICACIÓN DE RSE ( TR357 B)

Prazo de solicitude

Ata o 10 de xuño de 2021.

Beneficiarios

Pemes ou persoas traballadoras autónomas que teñan subscritos contratos con persoas traballadoras por conta allea, con domicilio social e centro de traballo en Galicia, calquera que sexa a súa forma xurídica, que estean constituídas no momento de presentar a solicitude de axuda e deberán contar cun mínimo de 6 persoas traballadoras durante todo o período de execución das axudas.

Tamén poderán presentarse empresas con axencia, sucursal, delegación ou calquera outra representación en Galicia que teñan un mínimo de 6 persoas traballadoras.

Contía da axuda

LIÑA I. ELABORACIÓN E IMPLANTACIÓN DE PLANS DE IGUALDADE (TR357 C)

  • Proceso de diagnóstico previo: 80% cun máximo de 3.000 € por empresa de ata 20 traballadores e ata 5.000 € en empresas nos demais supostos.
  • Elaboración plan de igualdade: 80% cun máximo de 1.500 € por empresa de ata 20 traballadores e ata 3.000 € en empresas nos demais supostos.
  • Implantación de medidas prioritarias previstas na primeira fase do plan de igualdade: 80% cun máximo de 1.000 € por empresas de ata 20 traballadores e ata 2.000 € en empresas nos demais supostos.

Contrato como mínimo de 1 ano dunha persoa experta en igualdade: 12.000 €. A contratación prevista é compatible coas axudas contempladas para o proceso de diagnóstico previo, elaboración do plan de igualdade e implantación de medidas prioritarias.

LIÑA II. CONCILIACIÓN DA VIDA LABORAL, FAMILIAR E PERSOAL (TR357 D)

  1. As axudas consistirán nunha subvención de hasta o 80 % da inversión, co tope de 1.500 euros por persoa traballadora beneficiaria e co límite máximo de 20.000 euros por empresa.
  2. A axuda verase incrementada nun 10 % para aquelas empresas nas que a tasa de ocupación feminina sexa, como mínimo, igual a masculina.

LIÑA III. CERTIFICACIÓN DE RSE (TR357 B)

Será o pago do 80 % dos costes que conleve o proceso da certificación ou verificación cun máximo de 2.000 € por empresa.

Descargar documentación