IG408B. Préstamos para investimentos estratéxicos
06.05.2021. DOG Nº 85
Descrición
Préstamos directos para o financiamento empresarial en Galicia de proxectos de novos investimentos, intervencións de ampliación da capacidade produtiva e/ou mellora de instalacións existentes.
Prazo de solicitude
Desde 07/05/2021 ata 30/12/2021
Beneficiarios
Poderán ser beneficiarias dos préstamos regulados nestas bases aquelas empresas que reúnan os seguintes requisitos:
- Realicen unha iniciativa empresarial nun centro de traballo, obxecto do proxecto de investimento, situado na Comunidade Autónoma de Galicia.
- Cumpran as condicións establecidas especificamente para a correspondente modalidade de préstamo.
- Achegar ao proxecto de investimento unha contribución financeira mínima do 25 % do proxecto, exenta de calquera tipo de apoio público.
Requisitos principais do Proxecto
Convocatoria en réxime de concorrencia non competitiva – por orde de entrada.
O prazo de execución dos proxectos finalizará na data establecida no acordo de concesión, sen que nunca poida exceder do 31/03/2023.
O beneficiario deberá presentar a solicitude de disposición antes do prazo establecido no acordo de concesión, sen que nunca poida exceder do 30/12/2022.
Investimentos e gastos subvencionables
- Bens tanxibles cuxo uso previsto pola beneficiaria sexa a produción ou subministración de bens ou servizos, ou ben para fins administrativos: terreos e bens naturais, construcións, instalacións técnicas, maquinaria, utillaje, outras instalacións, mobiliario, equipos para proceso de información e elementos de transporte, así como outro inmobilizado material necesario para o desenvolvemento da actividade.
Exclúense os investimentos inmobiliarios, entendéndose como tales os activos inmobles que se adquiran ou constrúan para obter rendas, plusvalías ou ambas.
- Bens intanxibles, tales como investigación, desenvolvemento, concesións administrativas, propiedade industrial ou intelectual, dereitos de traspaso e aplicacións informáticas.
- Gastos de investigación, desenvolvemento e innovación, aínda que contablemente teñan a consideración de gasto corrente, por non cumprirse as condicións para a súa activación previstas nas normas particulares sobre o inmobilizado intanxible recollidas no vixente Plan xeral de contabilidade, por canto unha vez finalizado o prazo para xustificar o proxecto poidan non presentarse motivos fundados de éxito técnico e rendibilidade económico-comercial.
- Capital de explotación: entendendo como tal o incremento permanente de capital corrente necesario para o crecemento do negocio vinculado ao proxecto, que deberá cumprir os dous requisitos seguintes:
- A contía financiable por este concepto será calculada pola solicitante, sustentando as súas necesidades cunha metodoloxía analítica, sobre a base das previsións de incremento de actividade a consecuencia do proxecto, detallando custos, marxes e períodos medios de pago a provedores, almacenamento, fabricación, venda e cobro a clientes.
- Os fondos obtidos do produto financeiro con esta finalidade, serán aplicados ao pago de conceptos de gasto corrente do exercicio. A beneficiaria abrirá unha conta corrente específica nunha entidade financeira, na que abonará as disposicións e na que se poderán cargar exclusivamente:
i) Pagos a provedores de mercadorías, materias primas e aprovisionamentos, mediante transferencia ou pago de efectos.
ii) Pagos a acredores por prestación de servizos, arrendamentos e/ou subministracións.
iii) Pagos de nóminas e seguros sociais.
iv) Gastos financeiros asociados á operativa da conta específica.
v) Primas de seguros, en cobertura de riscos asociados á actividade empresarial.
Os fondos non poderán destinarse a refinanciar débedas bancarias, saneamento de contas ou atender vencimientos de cotas de préstamos, leasing ou outras operacións financeiras, nin utilizarse como depósito para constituír garantías. En ningún caso realizaranse disposicións en efectivo, cheques ao portador ou transferencias a outras contas da mesma empresa, aínda que posteriormente sexan aplicados ás finalidades previstas.
- Salvo nos conceptos recolleitos no seguinte punto, exclúense impostos, taxas e arbitrios, a excepción do IVE cando non sexa recuperable.
- Pagos operativos, entendendo como tales o pago de gastos correntes, pagos a provedores, acredores por subministracións e prestación de servizos, gastos de persoal e seguridade social, reparacións e conservación, e pago de impostos, aínda cando este pago non teña a consideración de gasto do exercicio (tales como os pagos de liquidacións de IVE e retencións). Admitirase tamén o pago ou refinanciamento de débedas bancarias vencidas, a condición de que estas proveñan do desconto comercial ou anticipo de facturas, efectos e/ou contratos de clientes por vendas ou prestación de servizos.
Modalidades de préstamos
- Préstamos para investimentos estratéxicos.
Obxecto: Financiar proxectos de novos investimentos, intervencións de ampliación da capacidade produtiva e/ou mellora de instalacións existentes, valorándose especialmente o aliñamento dos proxectos cos sectores prioritarios da Axenda da Competitividade Galicia Industria 4.0 e coa RIS3 Galicia.
Limitados a determinados sectores.
O proxecto deberá presentar un custo financiable en activos fixos igual ou superior a 1.000.000 € máis impostos.
- Préstamos para financiar investimentos en infraestruturas de uso compartido e desenvolvemento de proxectos en Galicia por parte de centros tecnolóxicos e asociacións empresariais.
O proxecto deberá presentar un custo financiable igual ou superior a 100.000 € máis impostos.
- Préstamos para financiar a operativa da industria auxiliar naval.
Contía das axudas
- Préstamos para investimentos estratéxicos: O importe mínimo do préstamo será de 500.000 € e o máximo de 5.000.000 €.
- Préstamos para financiar investimentos en infraestruturas de uso compartido e desenvolvemento de proxectos en Galicia por parte de centros tecnolóxicos e asociacións empresariais: O importe mínimo do préstamo será de 75.000 € e o máximo de 1.500.000 €. En ningún caso superará o 75 % do custo do proxecto financiable.
Descargar documentación