APEHL

III Plan de Rescate

Programa I

De apoio ás persoas traballadoras autónomas en estimación obxectiva


Programa II

De apoio ás persoas traballadoras autónomas individuais e persoas traballadoras autónomas ou empresas con ata 10 persoas traballadoras, ou de ata 25 persoas traballadoras cun volume de facturación de ata 2 mill de euros


Programa III

De apoio ás persoas traballadoras autónomas ou empresas con máis de 10 persoas traballadoras, e cun volume de facturación de máis de 2 millóns de euros, ou empresas de máis de 25 persoas traballadores


En canto ao procedemento de concesión será directo e ata que se esgote o crédito orzamentario. Estas axudas deberán aplicarse a satisfacer a débeda e realizar pagos a provedores e outros acredores, financeiros e non financeiros, así como os custos fixos incorridos, sempre e cando estes fosen devengados entre o 1 de marzo de 2020 e 31 de maio de 2021 e procedan de contratos anteriores a entrada en vigor do Real Decreto lei 5/2021 de 12 de marzo. En primeiro lugar, satisfaranse os pagos a provedores, por orde de antigüidade e si procede, reducirase o nominal da débeda bancaria, primando a redución da débeda con aval público.


Prazo de solicitude
Dende o día 14 de xuño ata o 14 de xullo


Requisitos das persoas beneficiarias
a) Ter o domicilio fiscal en Galicia.
Non obstante, poderán ser beneficiarias os grupos, as persoas empresarias, profesionais e entidades cuxo volume de operacións en 2020 sexa superior a dez millóns de euros, operen en Galicia e desenvolvan a súa actividade económica en mais dun territorio autonómico, ou en máis dunha Cidade Autónoma.
b) Ter cantidades pendentes de pago a provedores, acredores, financeiros e non financeiros ou débeda bancaria, ou outros custos fixos que fosen devengados entre o 1 de marzo de 2020 e o 31 de maio de 2021, e procedan de contratos anteriores ao 13 de marzo de 2021. E que ditas cantidades sexan de importe igual ou superior a axuda solicitada.
d) Non ter dada lugar, por causa de que fose declarada culpable, á resolución firme de calquera contrato celebrado coa Administración.
e) Atoparse ao corrente de pagamento de obrigas por reintegro de subvención ou axudas públicas.
f) Atoparse ao corrente do cumprimento das obrigas tributarias e fronte a Seguridade Social.
i) Autorizar a Consellería de Emprego e Igualdade a cesión dos seus datos ao Ministerio de Facenda.

Non terán a condición de beneficiarias, quedando excluídas do ámbito de aplicación desta
orde:
a) As persoas traballadoras autónomas colaboradoras ou societarias.
b) As persoas traballadoras autónomas, entidades e grupos consolidados que na declaración do imposto sobre a renda de persoas físicas correspondente a 2019 teñan declarado un resultado neto negativo, polas actividades económicas nas que se tivera aplicado o método de estimación directa para a súa determinación ou, no seu caso, teñan un resultado negativo en dito exercicio na base impoñible do imposto de Sociedades ou do Imposto da renda de non residentes antes da aplicación da reserva de capitalización e compensación das bases impoñibles negativas.


Compromisos dos beneficiarios
- Manter a actividade ata o 30 de xuño de 2022.
- Non repartir dividendos durante os anos 2021 e 2022.
- Non aprobar incrementos nas retribucións da alta dirección durante un período de 2 anos.
- Cumprir todos os requisitos das persoas beneficiarias.


Resumo das axudas

Anuncio completo no DOG

Descargar documentación