APEHL

PR471C. Axudas para o ocio nocturno

18.06.2021. DOGA N.º 115 

Prazo de solicitude
Un mes desde o 19.06.2021 

Beneficiarios
1. Persoas físicas e xurídicas que exerzan a explotación económica dun establecemento de lecer nocturno e resulten afectados pola paralización desta como consecuencia das medidas adoptadas para a prevención e contención da evolución do brote de COVID-19.
A estes efectos, entenderanse por establecementos de lecer nocturno as discotecas, pubs, cafés-espectáculo e salas de festas, de conformidade coa definición que destes establecementos se prevé no apartado III.2.7 do anexo único do Decreto 124/2019, de 5 de setembro, polo que se aproba o catálogo de espectáculos públicos, actividades recreativas e establecementos abertos ao público da Comunidade Autónoma de Galicia.

Requisitos
a) Establecemento de lecer nocturno que estivese pechado como consecuencia directa da aplicación da Orde da Consellería de Sanidade de 15 de agosto de 2020.
b) Que exercesen a explotación económica dun establecemento de lecer nocturno en calquera momento do exercicio económico 2020 e que continúen coa explotación económica do mesmo establecemento de lecer nocturno no exercicio económico 2021, sen prexuízo de que teñan que permanecer pechados como consecuencia das disposicións sanitarias de prevención e contención da COVID-19.
c) Que non se trate de empresas ou persoas traballadoras autónomas en crise a 31 de decembro de 2019. Todo iso sen prexuízo da posibilidade de conceder axudas ás microempresas e pequenas empresas que estivesen en crise a 31 de decembro de 2019, a condición de que non se atopen inmersas nun procedemento concursal nin recibisen unha axuda de salvamento ou de reestruturación.
d) Manter a actividade como mínimo 6 meses desde que a Administración Autonómica permita a reapertura.


Contía da axuda
I. Establecementos cunha superficie de máis de 1.000 m²: 35.000 €.
II. Establecementos cunha superficie de entre 500 a 1.000 m²: 30.000 €.
III. Establecementos cunha superficie de entre 250 a 499 m²: 20.000 €.
IV. Establecementos cunha superficie de entre 100 a 249 m²: 15.000 €.
V. Establecementos cunha superficie de menos de 100 m²: 7.500 €.

Descargar documentación