Conceptos subvencionables
O investimento mínimo para que a actuación sexa subvencionable debe ser de 10.000 euros, que se reduce a 3.000 euros no caso das auditorías enerxéticas.
Cada solicitude conterá un único proxecto técnico que pode constar dunha soa actuación ou varias actuacións homoxéneas a executar no mesmo emprazamento.
Cada empresa poderá presentar unha ou máis solicitudes.
Beneficiarios
a) As empresas legalmente constituídas e os empresarios autónomos que teñan domicilio social ou algún centro de traballo en Galicia, incluídos no sector servizos e industria. A efectos desta resolución considérase sector servizos ás actividades incluídas nas seccións: G, H, I, J, L, M, N, O, P, Q, R, S, T ou U do CNAE 2009. Dentro do sector industrial serán subvencionables as empresas incluídas na sección B, C ou D do CNAE-2009, coa excepción da industria extractiva enerxética, as de refino de petróleo e biocombustible, así como as empresas de xeración, transporte e distribución de enerxía eléctrica.
b) As empresas de servizos enerxéticos que xestionen total ou parcialmente instalacións consumidoras de enerxía e que o obxecto destes contratos sexa a consecución de aforro económico derivado dun menor consumo de enerxía. Os centros de consumo nos que se actúe deben estar situados en Galicia e corresponder a empresas incluídas no ámbito de aplicación indicado no apartado anterior.
Período de actuacións subvencionable
Considéranse actuacións subvencionables as realizadas unha vez efectuada a solicitude de axuda e a data límite para executar e xustificar o investimento será o 30 de setembro de 2020.
Contía máxima da axuda
A contía da subvención será do 35 % do custo elixible da actuación. A intensidade da axuda incrementarase un 15 % no caso de axudas concedidas a pequenas empresas e un 10 % no caso de medianas empresas. Con carácter xeral a axuda máxima por proxecto ascende a 100.000 euros, aínda que podería chegar ata 1.000.000 euros para proxectos que xustifiquen elevados niveis de aforro enerxético.
Presentación de solicitudes
A presentación das solicitudes realizarase unicamente por medios electrónicos a través do formulario electrónico normalizado accesible desde a sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal, e na páxina web do Inega, www.inega.gal. Xunto coa solicitude presentaranse, anexadas, copias dixitalizadas da documentación complementaria.
Para poder facer a presentación electrónica o solicitante ou representante legal deberá posuír un NIF electrónico ou calquera outro certificado dixital en vigor.
Prazo para a presentación da solicitude
O prazo de presentación de solicitudes comeza o día 21 de xaneiro e finaliza o 20 de febreiro de 2020.
Documentación complementaria da solicitude > Consultar a páxina do Inega
Requirimentos de emenda
Segundo o artigo 16.2 das bases reguladoras da convocatoria todas as notificacións realizaranse por medios electrónicos mediante o sistema de notificación electrónica de Galicia Notifica.gal
Clique para acceder á aplicación informática de realización e presentación de solicitudes
Máis información no DOG de 20 de enero de 2020
Para información presencial aos interesados deberase concertar cita previa no teléfono 981 541 500.