21.07.2021. BOP Nº. 165
Modificación das bases do Bono Impulso da Deputación de Lugo, que quedan redactadas cos seguintes cambios:
BASE 4
"(...)
Os gastos bonificados son os realizados desde o día seguinte á publicación dos consumidores no BOP e a páxina web de Deputación de Lugo ata o 31 de agosto de 2021, coa excepción dos bonos procedentes do sorteo que se habilitará un período adicional de 15 días hábiles dende o día seguinte á publicación dos consumidores no BOP e a páxina web."
"(...)
Os gastos bonificados son os realizados desde o día seguinte á publicación dos consumidores no BOP e a páxina web de Deputación de Lugo ata o 30 de setembro de 2021, coa excepción dos bonos procedentes do sorteo que se habilitará un período adicional de 15 días hábiles dende o día seguinte á publicación dos consumidores no BOP e a páxina web."
BASE 9
"(...)
Organizarase unha cuarta fase no caso de que finalizada a fase III queden bonos pendentes de asignar, procedéndose do seguinte modo: publicarase unha listaxe dos bonos pendentes por concello, esta listaxe actualizarase cada 10 días na páxina web, condicionado ao volume de solicitudes. Abrirase un prazo ininterrompido ata o 15 de xullo de 2021 para a súa concesión."
(...)
Na quinta fase, finalizado o prazo máximo para o consumo (31 de agosto de 2021), en caso de seguir existindo bonos sen asignar, procederase a un sorteo entre os solicitantes reserva e, no caso de ser necesario, entre o total dos consumidores a través dun acto público tal e como se indica no Base 13."
"(...)
Organizarase unha cuarta fase no caso de que finalizada a fase III queden bonos pendentes de asignar, procedéndose do seguinte modo: publicarase unha listaxe dos bonos pendentes por concello, esta listaxe actualizarase cada 10 días na páxina web, condicionado ao volume de solicitudes. Abrirase un prazo ininterrompido ata o 31 de xullo de 2021 para a súa concesión."
(...)
Na quinta fase, finalizado o prazo máximo para o consumo (30 de setembro de 2021), en caso de seguir existindo bonos sen asignar, procederase a un sorteo entre os solicitantes reserva e, no caso de ser necesario, entre o total dos consumidores a través dun acto público tal e como se indica no Base 13."
BASE 10
"(...)
Os establecementos adheridos ao programa poderán facer efectivos os bonos aplicados ao finalizar o período de consumo e ata a data límite do 31 de agosto de 2021, na fase III e IV e ata 15 días hábiles desde o día seguinte á publicación no BOP e a páxina web da concesión do bono a través do sorteo, sendo tramitado coa maior celeridade por parte dos distintos departamentos da Deputación de Lugo."
(...)
O prazo máximo para presentar a conta xustificativa será o 15 de setembro e habilitarase un proceso especial para os outorgados mediante sorteo habilitándose 15 días hábiles dende o día seguinte á finalización do prazo de consumo outorgado."
"(...)
Os establecementos adheridos ao programa poderán facer efectivos os bonos aplicados ao finalizar o período de consumo e ata a data límite do 30 de setembro de 2021, na fase III e IV e ata 15 días hábiles desde o día seguinte á publicación no BOP e a páxina web da concesión do bono a través do sorteo, sendo tramitado coa maior celeridade por parte dos distintos departamentos da Deputación de Lugo."
(...)
O prazo máximo para presentar a conta xustificativa será dende o 1 ata o 15 de outubro de 2021 e habilitarase un proceso especial para os outorgados mediante sorteo habilitándose 15 días hábiles dende o día seguinte á finalización do prazo de consumo outorgado."
BASE 13
"(...)
No caso de existencia de bonos sen asignar despois do mencionado prazo, publicarase unha listaxe cos bonos pendentes por concello e abrirase un novo prazo ininterrompido ata o 15 de xullo de 2021."
(...)
3) O prazo para facer efectivo o uso do bono será dende o día seguinte á publicación dos consumidores no BOP e a páxina web de Deputación de Lugo, ata o 31 de agosto de 2021, a partir deste intre os bonos perderán a súa validez como medio de pago."
(...)
5) Finalizado o período de consumo (31 de agosto de 2021), tras a comprobación por parte do órgano xestor detectásense bonos sen asignar realizarase un sorteo. Devandito sorteo desenvolverase da seguinte maneira:"
(...)
4) O prazo para a xustificación por parte dos establecementos adheridos será ata o 15 de setembro de 2021."
"(...)
No caso de existencia de bonos sen asignar despois do mencionado prazo, publicarase unha listaxe cos bonos pendentes por concello e abrirase un novo prazo ininterrompido ata o 31 de xullo de 2021."
(...)
3) O prazo para facer efectivo o uso do bono será dende o día seguinte á publicación dos consumidores no BOP e a páxina web de Deputación de Lugo, ata o 30 de setembro de 2021, a partir deste intre os bonos perderán a súa validez como medio de pago."
(...)
5) Finalizado o período de consumo (30 de setembro de 2021), tras a comprobación por parte do órgano xestor detectásense bonos sen asignar realizarase un sorteo. Devandito sorteo desenvolverase da seguinte maneira:"
(...)
4) O prazo para a xustificación por parte dos establecementos adheridos será dende o 1 ata o 15 de outubro de 2021."
BASE 14
"(...)
No caso de que non se asigne o total de bonos por concellos, resolverase de forma periódica a relación de consumidores, ata o 15 de xullo de 2021 incluído."
"(...)
No caso de que non se asigne o total de bonos por concellos, resolverase de forma periódica a relación de consumidores, ata o 31 de xullo de 2021 incluído."