APEHL

Bases reguladoras das axudas para as microempresas e persoas traballadoras autónomas de Triacastela afectadas pola crise da Covid-19

07/09/2021. BOP Nº 206

Prazo de solicitude

Hasta el 6 de octubre de 2021.

Beneficiarios

Persoas físicas autónomas e persoas xurídicas, así como comunidades de bens, sociedades civís ou outras entidades sen personalidade xurídica.

Que a actividade económica sexa ou fose desenvolvida por unha microempresa ou persoa traballadora autónoma con domicilio fiscal no termo municipal de Triacastela.

Cuantía da axuda

O importe da subvención virá determinado polo número de solicitudes beneficiarias de microempresas e persoas traballadoras autónomas titulares de un negocio afectado cando acrediten unha baixada dos seus ingresos, cando menos do 30 %, no ano 2020 comparado cos ingresos do ano 2019.

A acreditación deste requisito realizarase mediante a comparación entre o IRPF, Declaración informativa de entidades en régimen de atribución de rendas ou Imposto de Sociedades, segundo cada caso, declarados no ano 2019 e o 2020 e presentados ante a Axencia Estatal Tributaria (modelos 100, 184, 200).

Se o solicitante non estivese obrigado á presentación do modelo 100, presentarase un informe da Axencia Estatal Tributaria no que conste o resumo dos ingresos do 2019 e 2020.

Descargar documentación