09.09.2021. BOP Nº 208
Prazo de solicitude
Ata o 7 de outubro de 2021
Beneficiarios
a) Que exerzan a súa actividade no sector da hostalería, concretamente: bares, restaurantes, cafeterías, bares de copas ou similares e servizos de catering.
b) Que exerzan a actividade en local aberto ao público que radique no municipio de Guntín, baixo a fórmula de empresario autónomo, sociedade mercantil, ou calquera outra fórmula empresarial existente na lexislación vixente.
c) Que non foran sancionados con sanción efectiva por medidas Covid -19 polo Concello de Guntín.
Contía da axuda
1.000,00 euros por establecemento.
Obrigas das persoas beneficiarias
Manter a actividade económica durante o exercicio 2021.
Xustificación da axuda
O prazo para xustificar a subvención finaliza o 30 de novembro de 2021, podendo xustificar a subvención recibida con facturas efectivamente pagadas no período comprendido entre o 1 de xaneiro de 2021 e o 29 de novembro de 2021, correspondentes aos seguintes gastos:
- compra de existencias de mercadorías, neste caso pódense incluír gastos desde o 01.01.2021 ao 29.11.2021
- gastos de aluguer
- reparacións e conservación
- servizos de profesionais independentes
- primas de seguros
- subministracións e gastos correntes: auga, teléfono, electricidade, gas, servizos de seguridade...
- cotas á seguridade social do traballador autónomo
Descargar documentación