APEHL

TU503C. Promoción da dixitalización e do márketing dixital

24.09.2021.DOG Nº 185

Prazo de presentación
Ata o 25.10.2021 ou ata fin de crédito orzamentario.

Por réxime de concorrencia non competitiva.

Obxecto
Contribuír á recuperación de destinos turísticos a través de axudas ao sector da hostalería para a promoción da dixitalización e a mercadotecnia dixital para o ano 2021, co fin de remediar a grave perturbación que na economía galega provocou o brote da COVID-19, facilitándolles acceso á liquidez e protección fronte a outros prexuízos económicos significativos que xurdisen por mor da COVID-19 mediante liñas de axudas que, con especial incidencia na transformación dixital, melloren a súa actividade económica e incrementen a súa competitividade.

Beneficiarios
Persoas traballadoras autónomas, persoas físicas ou con persoal contratado por conta allea ao seu cargo; as microempresas e as pemes do sector de hostalería que teñan o seu domicilio fiscal en Galicia que figuren inscritas no Rexistro de Empresas e Actividades Turísticas da Xunta de Galicia (REAT).

Non poderán obter a condición de beneficiaria as entidades solicitantes que xa estaban en crise o 31 de decembro de 2019 nin aquelas entidades que fosen sancionadas con carácter firme por infracción grave ou moi grave en materia de turismo por Axencia Turismo de Galicia nos últimos 2 anos.
Aos efectos destas axudas considéranse dentro do sector da hostalería os hoteis, hostais, casas rurais e outros tipos de aloxamentos, ademais de restaurantes, bares e outros establecementos de restauración.

Actuacións subvencionables
Todas aquelas que se desenvolvan entre o 1 de xaneiro e o 15 de novembro de 2021. En ningún caso se admitirán nin facturas nin xustificantes de pago emitidos en datas non incluídas no devandito período.
1. Considéranse gastos subvencionables aqueles nos que incorrese a entidade solicitante entre o 1 de xaneiro e o 15 de novembro de 2021 con respecto aos conceptos seguintes.
1.1. Instalación de novos PMS (Property Management System).
1.2. Integración de PMS actuais.                                                                                                                                      1.3. Instalación de novos CRM (Customer Relationship Management) integrados con PMS.
1.4. Instalación de novos CRM non integrados con PMS.
1.5. CMR integrado con PMS e ferramentas de Big Data e Chatbots intelixentes.
1.6. Produtos/servizos de mercadotecnia orientados a captar e fidelizar novos mercados e clientes:
-Estudos de mercado (internacionalización, análise de competencia, benchmarking...).
-Estudos de comportamento e satisfacción de clientes (enquisas, mistery shopper, focus group...).
-Sistemas de mercadotecnia automation.
-Xestión profesionalizada de RR.SS. (redes sociais).
-Publicidade en liña.
-Campañas publicitarias con prescriptores.
-Reportaxes fotográficas e de vídeo.
-Revisión dos APPCC (análises de perigos e puntos control crítico).
1.7. Web corporativa con motor de reservas.
1.8. Adquisición de hardware informático.
1.9. Gastos de persoal:
-Sistemas de control do teletraballo.
1.10. Equipamento tecnolóxico:
-Equipamento tecnolóxico, directo ou indirecto, que poida servir de apoio ou difusión no control da pandemia.
-Equipamento tecnolóxico tanto básico (equipos informáticos, software, comunicacións etc.), como específico.
2. En ningún caso serán obxecto de subvención os gastos de intereses debedores en contas bancarias, os derivados de recargas e sancións administrativas e penais, nin ningún outro fóra dos especificados no apartado dous deste artigo.
3. O importe da subvención será do 100 % para un gasto subvencionable de ata 15.000,00 euros por persoa beneficiaria.

Contía da axuda
100 % do importe subvencionable, cun máximo de 15.000 euros.

 

Descargar documentación