Incentivos á contratación indefinida inicial e á formación de persoas desempregadas realizadas por persoas traballadoras autónomas ou persoas profesionais con domicilio social e fiscal en Galicia.
Inclúense dous tipos de axuda compatibles:
a) Bono de contratación:
b) Bono de formación (opcional) dirixido ás persoas contratadas por medio desta orde, para levar a cabo acciones formativas que melloren os seus coñecementos e as súas habilidades relacionados co posto de traballo.
REQUISITOS
Manter en persoal a persoa traballadora contratada por un tempo mínimo de dous anos.
EXCLUSIÓNS
Non poderán ser beneficiarias as persoas que desenvolvesen como persoas traballadoras autónomas a mesma ou similar actividade nos tres meses inmediatamente anteriores á data do inicio da nova situación de alta na Seguridade Social.
Non poderán ser beneficiarias nin as sociedades civís nin as comunidades de bens, así como tampouco as persoas socias ou comuneiras que as integran nin os autónomos colaboradores.
CONTÍA DA SUBVENCIÓN
Primeira persoa traballadora indefinida
Segunda e terceira persoa traballadora indefinida
Incrementaranse as contías nun 25 % se a persoa incorporada é muller, se o centro de traballo está en concello rural, se é maior de 45 anos, emigrante retornada ou persoa trans.
PRAZO DE PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES
1. As solicitudes de axudas polas contratacións subvencionables realizadas entre o 1 de outubro de 2019 e a data da publicación desta orde deberán presentarse no prazo de dous meses contado desde o día seguinte ao da súa publicación. Entenderase como último día de prazo o correspondente ao mesmo ordinal do día da publicación e, se no mes de vencemento non hai día equivalente ao inicial do cómputo, entenderase que o prazo expira o último día do mes.
2. As axudas previstas polas contratacións subvencionables realizadas desde a entrada en vigor desta orde deberán solicitarse ata o último día do segundo mes seguinte á data en que se inicie a relación laboral indefinida pola que se solicita subvención. Se o último día de prazo é inhábil, entenderase prorrogado ao primeiro día hábil seguinte.
3. O prazo para a presentación das solicitudes de axudas finalizará o 30 de setembro de 2020, aínda que nesa data non transcorrese o prazo sinalado no parágrafo anterior.
Para máis información DOG N.º 22 de 03.02.2020
Axudas por contratación e formación