03.01.2022.
Obxecto
Fixar os criterios e requisitos para a concesión de axudas do Programa do bono das persoas autónomas.
Estas axudas quedan sometidas ao réxime de minimis.
Persoas beneficiarias
Poderán ser beneficiarias das axudas reguladas nesta orde:
a) Que na data da solicitude teñan unha persoa autónoma societaria cunha antigüidade superior a 42 meses ininterrompidos na realización efectiva dunha actividade empresarial ou profesional.
b) Que a empresa teña unha facturación mínima anual de 12.000 euros, IVE incluído, na declaración referida ao ano 2020.
c) Que a empresa teña unha base impoñible no imposto de sociedades da declaración realizada referida ao ano 2020 inferior a 30.000 euros (segundo o recadro 552 do imposto de sociedades). No caso de entidades que tributen en réxime de atribución de rendas, este importe de 30.000 euros referirase ao rendemento neto reducido dos rendementos de actividades económicas declaradas no IRPF da suma de todos os membros da sociedade ou comunidade de bens.
a) Os familiares que, de maneira habitual, realizan traballos para persoas traballadoras autónomas ou mutualistas de colexio profesional e que non teñan a condición de persoas traballadoras por conta allea conforme o establecido no artigo 1.3.e) do texto refundido da Lei do Estatuto dos traballadores, aprobado polo Real decreto lexislativo 2/2015, do 23 de outubro.
b) As persoas que cobrasen a axuda do bono das persoas autónomas (procedemento TR341Q) nalgunha das anteriores convocatorias.
Subvención do bono
LIÑA 1. Mellora da competitividade a través dos seguintes servizos:
Plan estratéxico do negocio.
Plan de reorientación do negocio.
Plan de refinanciamento.
Plan de márketing.
Plan de eficiencia enerxética.
Plan de biodiversidade.
Plan de comunicación do negocio.
Plan de transformación dixital.
Tamén se poderán subvencionar outros estudos e plans que teñan como fin aumentar a competitividade da empresa.
Así mesmo, poderá ser computable como gasto subvencionable o pagamento do importe do cofinanciamento privado dos servizos contratados co Igape a través do programa Re-Acciona na súa convocatoria para o exercicio de 2021 e sucesivas por parte das persoas traballadoras autónomas.
LIÑA 2. Mellora da competitividade a través dos seguintes investimentos:
Compra de maquinaria.
Compra e/ou instalación para a mellora da eficiencia enerxética.
Investimentos para a substitución de combustibles fósiles ou materiais críticos ou escasos.
Compra de utensilios e ferramentas.
Reforma do local do negocio.
Equipamento informático.
Equipamento de oficina e/ou negocio.
Rótulos.
Aplicacións informáticas, páxinas web, apps e redes sociais.
Deseño de marca.
Na solicitude de axudas, as liñas 1 e 2 non son excluíntes nin entre elas nin entre os distintos servizos e investimentos que as configuran.
O importe máximo que se pode percibir por ambas as liñas é de 3.000 €.
No caso de reforma do local do negocio, exclúese da axuda o domicilio habitual da persoa traballadora autónoma, excepto no caso en que quede acreditado que é imprescindible para o desenvolvemento da actividade do negocio.
Prazo para a presentación de solicitudes
Dende o 14 de xaneiro de 2022 e remata o 14 de febreiro de 2022.