Serán beneficiarias aquelas persoas desempregadas que causen alta no réxime especial de autónomos entre o 1 de outubro de 2019 e o 30 de setembro de 2020, ambos inclusive, como titulares ou cotitulares do negocio ou explotación.
REQUISITOS
a) Estar inscrito como demandante de emprego nos servizos públicos de emprego.
b) Ter iniciada a actividade con anterioridade á presentación da solicitude da subvención.
c) Que desenvolvan fundamentalmente a súa actividade empresarial ou profesional en Galicia.
d) Que non percibisen subvencións ao amparo dos distintos programas de emprego autónomo nos tres anos anteriores á data do inicio da nova actividade.
e) Que non desenvolvesen como persoas traballadoras autónomas a mesma ou similar actividade na mesma localidade, nos seis meses inmediatamente anteriores á data do inicio da nova actividade, nin estivesen de alta como persoas traballadoras autónomas en calquera réxime da Seguridade Social ou en mutualidade de colexio profesional, sempre que a devandita situación de alta presupoña actividade, nos tres meses inmediatamente anteriores.
As persoas traballadoras autónomas ou por conta propia poderán ser beneficiarias das axudas deste programa cando formen parte de comunidades de bens, sociedades civís ou outras entidades sen personalidade xurídica de nova creación, sempre que as soliciten a título persoal. Neste caso, a entidade deberá estar constituída previamente á presentación da solicitude de subvención.
EXCLUSIÓNS
As persoas socias de sociedades mercantís, sociedades laborais e os autónomos colaboradores.
CONTÍAS
Incremento do 25 % se é muller, se o centro de traballo está nun concello rural, maiores de 45 anos, persoa emigrante retornada ou persoa trans.
OBRIGAS
Son deberes das persoas beneficiarias das subvencións, ademais doutras, as seguintes:
a) Manter a alta no RETA mínimo dous anos, salvo cesamento por causas alleas á súa vontade, o cal deberá acreditar fidedignamente.
b) As persoas físicas beneficiarias de calquera axuda deste programa deberán manter durante o período dun ano a forma xurídica elixida pola que se lles concederon as subvencións.
PRAZO DE PRESENTACIÓN
Ata o 30 de setembro de 2020
Para máis información DOG N.º 22 de 03.02.2020