APEHL

TU985C. Adhesión das empresas ao Bono turístico 2022 #QuedamosenGalicia

Código de procedemento TU985C

DOG Núm. 46 do 8 de marzo de 2022

Obxecto
O Bono turístico 2022 #QuedamosenGalicia é unha tarxeta de prepagamento que se entregará ás persoas que resulten beneficiarias do procedemento aberto para os efectos, que se activará no momento en que a persoa beneficiaria cumpra cos requisitos determinados nel. A tarxeta prepagamento, que emitirá a entidade bancaria colaboradora, estará operativa ata o 31 de decembro de 2022, data en que perderá a súa vixencia. Poderá ser empregada nos establecementos de aloxamento turístico e axencias de viaxes, así como nos servizos asociados que se adhiran ao programa a través da presente convocatoria.


Requisitos dos solicitantes
Poderán solicitar a súa adhesión aquelas empresas, empresarios ou agrupacións empresariais que dispoñan de aloxamentos, excepto as vivendas de uso turístico, e tamén as axencias de viaxe que, con independencia do lugar en que radique a súa sede social, desenvolvan as súas actividades dentro do sector turístico vinculado a Galicia e presten os servizos, actividades ou produtos vinculados a este programa na Comunidade Autónoma de Galicia.
Todas estas empresas deberán estar dadas de alta no Rexistro de Empresas e Actividades Turísticas (REAT) no momento da publicación desta convocatoria, ter coñecemento da sinatura que se lles proporcionou no momento da alta no citado rexistro e dispoñer de TPV con número de comercio que os identifique no servizo de pagos, para a execución das correspondentes operacións de pagamento efectuadas coas ditas tarxetas.

Relacións coas persoas beneficiarias do programa
As persoas beneficiarias do Bono turístico 2022 #QuedamosenGalicia poderán consumir os servizos ofertados para este programa no establecemento adherido. No caso de que se faga reserva previa, esta pode ser realizada directamente no establecemento ou en calquera web de central de reservas que non implique prepagamento desta, e será necesario que o pagamento se realice no propio establecemento utilizando un TPV físico contratado con calquera entidade financeira que participe nos sistemas de medios de pagamento españois.
As persoas beneficiarias poderán utilizar o saldo da súa tarxeta de forma total ou parcial, así como completar os pagamentos, de non ter saldo suficiente, con outras formas de pagamento admitidas polo establecemento turístico.

Prazo de presentación de solicitudes
Dende o día 9 de marzo de 2022 ata o 1 de decembro de 2022.

Forma de presentación das solicitudes
1. As solicitudes presentaranse obrigatoriamente por medios electrónicos a través do formulario normalizado (anexo I) dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia: https://sede.xunta.gal.

2. Ademais da solicitude de participación, as empresas que se presenten deberán rexistrarse na plataforma Turespazo, no caso de que non o estean, no enderezo https://turespazo.turismo.gal.

As empresas que se adhiran ao programa poderán presentar nesta plataforma as súas ofertas específicas de:
– Aloxamentos/servizos ou produtos específicos que se oferten, se é o caso, para a promoción
do programa.
– Paquetes turísticos, no caso das axencias de viaxe.
As ditas ofertas e paquetes aparecerán na web de Turismo de Galicia nun lugar destacado só para coñecemento dos beneficiarios do programa.

Obrigas dos solicitantes
Os solicitantes obríganse ao cumprimento das seguintes condicións na prestación dos servizos ou produtos:
a) Cumprimento das medidas de prevención de riscos sanitarios e laborais establecidas pola autoridade sanitaria, laboral ou turística para a prevención de contaxios derivados da COVID-19.
b) Dispoñer dun terminal de punto de venda (TPV) para a realización da transacción de compra do servizo ou actividade turístico a través da tarxeta Bono turístico 2022 #QuedamosenGalicia.
Para os efectos da validación do TPV, o establecemento adherido deberá facilitar os números de código que identifican cada un dos TPV de que dispón o establecemento e que pon á disposición dos beneficiarios do Bono turístico 2022 para efectuar os pagamentos coa tarxeta prepagamento específica deste programa.
c) Unha empresa que xa estivo adherida á campaña Bono turístico #Quedamos en Galicia do ano 2021 debe volver adherirse, cos datos requiridos, para poder participar na campaña 2022.

 

Descargar documentación