21.04.2022. Subvencións para proxectos de aforro e eficiencia enerxética nas empresas dos sectores industria e servizos.
Código de procedemento IN417E.
DOG Núm. 66, 5 de abril de 2022.
Conceptos subvencionables
Proxectos de aforro e eficiencia no sector industrial ou servizos que xustifiquen un aforro enerxético do 20 % do consumo enerxético inicial (40 % para actuacións de iluminación e 5 % no caso de actuacións do proceso produtivo do sector industrial). Deben alcanzar un cociente de aforro enerxético anual de 0,4 kWh/€ de investimento elixible, que se reduce a 0,3 para medianas empresas e a 0,2 para pequenas.
O investimento mínimo para que a actuación sexa subvencionable debe ser de 10.000 euros.
Cada solicitude conterá un único proxecto técnico que pode constar dunha soa actuación ou varias actuacións homoxéneas a executar no mesmo emprazamento. Cada empresa poderá presentar unha ou máis solicitudes.
Beneficiarios
Período de actuacións subvencionables
Considéranse actuacións subvencionables as realizadas unha vez efectuada a solicitude de axuda e a data límite para executar e xustificar o investimento será o 15 de setembro de 2022.
Contía da axuda
Prazo para a presentación da solicitude
O prazo de presentación de solicitudes comeza o día 19 de abril ás 9:00 h e finaliza o 3 de outubro de 2022.
--
Desde Apehl infórmase da modificación dos prazos da subvención para proxectos de mellora enerxética, dirixido a autónomos e pemes con actividade de comercio, hostalaría, artístico-recreativas e outros servizos (programa Bono Enerxía Peme), anualidade 2022 (código de procedemento IN417Z), no sentido seguinte:
O artigo 3.1 da resolución queda redactado da seguinte maneira:
«1. Serán subvencionables os gastos e investimentos realizados entre o 1 de xaneiro e o 20 de outubro de 2022, dentro do territorio da Comunidade Autónoma de Galicia».
O artigo 9.2 da resolución queda redactado da seguinte maneira:
«2. O prazo de presentación de solicitudes finalizará o 31 de agosto de 2022».
O artigo 25 da resolución queda redactado da seguinte maneira:
«A data límite para executar o proxecto e presentar a documentación justificativa dos investimentos será o 20 de outubro de 2022».
Descargar documentación