APEHL

Buscas traballo de forma activa? Infórmate!


curso

23.10.2024. A Asociación Provincial de Empresarios de Hostelería e Turismo de Lugo (Apehl), co financiamento da Consellería de Emprego, Comercio e Emigración e Igualdade, vai levar a cabo un ano máis o Programa Integrado de Emprego de Galicia para o ano 2024-2025, no que hai que ter contacto con máis de 100 persoas demandantes de emprego, co obxectivo dun mínimo do 45 % de inserción laboral.

O programa desenvolve as seguintes accións:

a) Información, orientación e asesoramento.

b) Formación transversal en idiomas, competencias dixitais para o emprego, prevención de riscos, relación laborais e habilidades sociais.

c) Técnicas de coaching, intelixencia emocional e técnicas de motivación para a busca de emprego.

d) Habilidades sociolaborais e obradoiros de entrevistas.

e) Fomento da capacidade emprendedora.

f) Prospección empresarial.

g) Emparellamento de ofertas de traballo coas persoas demandantes de emprego participantes.

h) Formación para o emprego dentro do Catálogo de Especialidades do Servicio Público de Emprego Estatal:i) Prácticas profesionais non laborais en empresas.

j) Talleres sobre mobilidade laboral.

k) Medidas de innovación tecnolóxicas.

l) Medidas de conciliación da vida familiar y laboral: servizo de coidado e atención de persoas dependentes tanto nenas/os como maiores.

 

Poderás participar neste programa se formas parte dos seguintes colectivos:

  • Desempregados con discapacidade
  • Desempregados menores de 30 anos con baixa cualificación
  • Desempregados menores de 30 anos cualificados
  • Persoas migrantes cunha autorización de residencia temporal por motivo de arraigo para a formación
  • Mulleres desempregadas
  • Inmigrantes desempregados

Se queres participar neste proxecto, ponte en contacto ca Asociación no 982 226 912.



ou Voltar ós cursos