23.07.2021. As condicións provocadas pola pandemia durante La Vuelta 2020 non permitiron que o stand de …E para comer, Lugo viaxase por toda España como viña sendo habitual nos últimos oito anos, pero este verán será de novo posible.
A Asociación Provincial de Empresarios de Hostalería e Turismo de Lugo (Apehl), co apoio de Turismo de Galicia e a colaboración de varios consellos reguladores e asociacións de produtores, fará promoción turística e gastronómica da provincia nas saídas de etapa de ...
13.07.2021. Quiroga celebra a novena edición do concurso Quiroga de tapas, que está tendo lugar do 11 ao 23 de xullo. Participan un total de 9 establecementos hostaleiros, que poñerán as súas propostas a disposición dos clientes de 12:00 h a 14:30 h e de 19:00 a 22:30 h.
23.06.2021. A Asociación Provincial de Empresarios de Hostalería e Turismo de Lugo (Apehl) envía os seus parabéns aos equipos dos restaurantes O Asador de Alba, de Barreiros, e Canedo Restaurante & Brasería, de Lugo, así como a Nardo Eiroa polos Platos de Ouro e o Touche Blanc concedidos, respectivamente, por Radio Turismo.
Os galardoados recolleron os premios nunha gala celebrada xa a semana pasada en Ourense, onde se citaron hostaleiros e profesionais do sector.
O restaurante mariñano abriu as súas ...
21.06.2021. A Asociación Provincial de Empresarios de Hostalería e Turismo de Lugo (Apehl) fixo públicos os datos de ocupación hoteleira na cidade de Lugo durante esta fin de semana de Arde Lucus.
A ocupación nos establecementos do centro da cidade chegou ao 72 % durante o venres e alcanzou o 87,5 % o sábado.
A porcentaxe foi menor no resto de hoteis, pouco próximos ao casco histórico da cidade, onde o venres se rexistrou un 55 % de ocupación e ...
18.06.2021. Hostelería de España celebrou onte a súa asemblea xeral electoral na que José Luis Yzuel renovou a presidencia por outros catro anos xunto ao Comité Executivo que acompañaba a súa candidatura.
Os catro anos de mandato de Yzuel comezaron cunha profunda renovación da organización, marcada polo cambio de imaxe ata chegar á actual Hostelería de España e un estreitamento de lazos coas asociacións territoriais co obxectivo común do máximo crecemento do sector, tendo en conta o forte peso social ...
11.06.2021. As oficinas centrais da Asociación Provincial de Empresarios de Hostalería e Turismo de Lugo (Apehl) en Lugo acolleron esta mañá a presentación da nova xunta directiva da Confederación Empresarial de Hostelería e Turismo de Galicia, Hostelería de Galicia, entidade formada polas catro asociacións provinciais de hostalería da comunidade galega que será presidida por Cheché Real.
No acto estiveron presentes Héctor Cañete, presidente da Asociación Provincial de Empresarios de Hostalería da Coruña; Ovidio Fernández, presidente da Federación de Empresarios de ...
08.06.2021. A Deputación de Lugo vén de convocar os premios 'Lugo cambia ao Turismo Lucense' e '…E para comer, Lugo á gastronomía lucense' para a anualidade 2021.
Poden presentar candidatura todas as persoas físicas ou xurídicas, a título individual ou colectivo, institucións e entidades públicas ou privadas, asociacións e colectivos sen ánimo de lucro, de ámbito local, autonómico, nacional ou internacional que destaquen nalgunha das dúas modalidades destes premios. Os galardóns, con carácter honorífico, consistirán nun diploma acreditativo e nun agasallo.
Só poderá ...
07.06.2021. A Asociación Provincial de Empresarios de Hostalería e Turismo de Lugo (Apehl) anunciou esta mañá que acaba de poñer en marcha a organización da décimo sexta edición do Concurso de Tapas de Lugo, suspendida o verán pasado por mor da situación epidemiolóxica do concello de Lugo e as medidas adoptadas pola Consellería de Sanidade para frear o contaxio por covid-19.
Nesta nova convocatoria poderán concursar todos os establecementos de hostalería do Concello de Lugo que estean inscritos no Rexistro ...
O Museo Interactivo da Historia de Lugo (MIHL) acolleu esta mañá o evento, que forma parte do programa O teu Xacobeo da Xunta de Galicia.
29.05.2021. A Asociación Provincial de Empresarios de Hostalería e Turismo de Lugo (Apehl) celebrou este sábado por segundo ano consecutivo o Congreso Gastronómico e Cultural …E para comer, Lugo no Camiño, unha xornada sobre a cultura gastronómica dos Camiños de Santiago ao seu paso pola provincia de Lugo. Esta iniciativa forma parte do programa O ...
“A hostalería galega, e especialmente a relacionada co Camiño, ten na asadura un recurso de primeiro nivel que debe poñer en valor porque se pode facer unha gastronomía de alta calidade con base neses produtos”
27.05.2021. Javier Estévez (Madrid, 1983) é o chef e propietario do restaurante La Tasquería, especializado en pratos con base na asadura, que converteu nunha arte. Antes de chegar ao seu actual proxecto formouse no Centro Superior de Hostalería de Galicia e traballou en diferentes restaurantes galegos ...