APEHL

Aberto o prazo de inscrición para o obradoiro infantil

14.05.2021. A Asociación Provincial de Empresarios de Hostalería e Turismo de Lugo (Apehl) celebrará por segundo ano consecutivo o Congreso Gastronómico e Cultural ...E para comer, Lugo no Camiño, unha xornada sobre a cultura gastronómica dos Camiños de Santiago ao seu paso pola provincia de Lugo que terá lugar no Museo Interactivo da Historia de Lugo o próximo 29 de maio. Esta iniciativa forma parte do programaO teu Xacobeo da Xunta de Galicia.

O programa conta cun obradoiro para nenos de entre 6 e 12 anos, en horario de 11:00 h a 13:00 h. 

A través da ciencia realizarase unha viaxe virtual polo Camiño de Santiago con distintas paradas desde Pedrafita do Cebreiro ata a Catedral de Santiago. Os nenos poderán adentrarse no espectacular mundo das ciencias e converterse en auténticos científicos experimentando con reaccións químicas e empregando en maior medida materiais cotiáns que podemos atopar en calquera casa. Poderán fabricar neve instantánea, facer desaparecer auga, experimentar co pH das cousas, observar o ferro dos cereais, converter líquidos en sólidos e fabricar gases cos que inflar globos, entre outras actividades.

As prazas son limitadas, hai 10 dispoñibles, e para participar é necesaria a inscrición previa a través do teléfono da Apehl 982 22 69 12.


A reserva de prazas non será firme ata que reciban confirmación a través de correo electrónico.

 

Máis información

Asociación Provincial de Empresarios de Hostalería e Turismo de Lugo. Teléfono: 982 22 69 12.

Xacobeo 2021

Xunta de Galicia