APEHL

Aberto o prazo de inscrición para participar no Estase Cocendo, que volve á Ribeira Sacra no mes de marzo

16.02.2023. A Asociación Provincial de Empresarios de Hostalería e Turismo de Lugo (Apehl) retoma a organización do Estase Cocendo, para celebrar unha nova edición das Xornadas do Cocido de Entroido da Ribeira Sacra que se celebrarán por toda a comarca dende o 4 ao 26 de marzo, ambos incluídos.

O prazo de inscrición para todos aqueles locais que queiran inscribirse está xa aberto ata o vindeiro martes día 21 de febreiro e os interesados deben chamar para anotarse ao número de teléfono da delegación: 982 412 050.

Todas as novidades do evento iranse anunciando nos vindeiros días.