18.10.2023. A Asociación Provincial de Empresarios de Hostelería e Turismo de Lugo, en colaboración coa Deputación de Lugo, organiza un ano máis o curso Certificado en Cultura de Viños do Mundo, que terá lugar os días 13, 14, 20, 21, 27 e 28 de novembro.
Cun total de 40 viños internacionais, 48 horas formativas e unha viaxe a Ribeira Sacra, o curso celebrarase en A Parada das Bestas, en Palas de Rei, en horario de 10:00 h a 14:00 h e de 16:00 h a 20:00 h.
As inscricións son totalmente grauítas, e poden formalizarse facendo clic aquí ou poñéndose en contacto coa Apehl no teléfono 982 226 912.