16.10.2023. A delegación da zona sur da Asociación Provincial de Empresarios de Hostelería e Turismo de Lugo (Apehl) está inmersa na organización do Cume Tapas Exprés, que se celebrará en Monforte de Lemos e que nesta ocasión terá unha duración de catro días, do 26 ao 29 de outubro.
“Queremos que este Cume Tapas sexa un maratón de tapas para unirnos ás iniciativas que este mes de outubro se levan a cabo con motivo da celebración, o día 19, do Día contra o Cancro de Mama”, explica Bea Vila, delegada da Apehl en Monforte.
As tapas terán un custe de 1,80 euros e as inscricións dos locais participantes irán donadas integramente á Asociación Española Contra o Cancro. Para desvelar o gañador, o certame contará cun xurado popular.
Todos aqueles que queiran inscribirse poden informarse na oficina da delegación, no Torreón do Cárcere Vello (Rúa Zapaterías, s/n), ou a través do teléfono 982 41 20 50.
Evento patrocinado pola Deputación de Lugo.