APEHL

Aberto o prazo para a solicitude de acreditacións de competencias profesionais

27.01.2020. A Xunta de Galicia convoca a través da Orde do 29 de novembro de 2019 o proceso de acreditación de competencias profesionais adquiridas a través da experiencia laboral, na Comunidade Autónoma de Galicia, en determinadas unidades de competencia do Catálogo nacional de cualificacións profesionais (código de procedemento ED517B).

O prazo de presentación de solicitudes será ata o 7 de febreiro de 2020.

A solicitude de participación no procedemento deberá presentarse obrigatoriamente por vía electrónica na sede electrónica da Xunta de Galicia (https://sede.xunta.gal) e requirirá cubrir previamente os datos na aplicación informática que se atopa no enderezo www.edu.xunta.es/acreditacion, desde onde deberá xerarse o formulario normalizado. 

Consultar a orde de convocatoria

Puntos de información e orientación

Departamentos de información e orientación profesional dos centros integrados de formación profesional.

Departamentos de orientación dos centros educativos dependentes da Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional que impartan formación profesional.

Subdirección Xeral de Formación Profesional.

Asesoría de información e orientación profesional. Teléfono: 981 546 538.

Asesoría de acreditación de competencias. Teléfono: 981 540 219.

Folleto informativo: https://www.edu.xunta.es/fp/webfm_send/8565