APEHL

Ampliación de horario nos locais de hostalería asociados a Apehl durante a Semana Santa

13.04.2022. A Asociación Provincial de Empresarios de Hostalería e Turismo de Lugo (Apehl) dirixiuse a todos os Concellos da provincia de Lugo para solicitar a ampliación de horario en dúas horas máis do legalmente establecido para todos os seus establecementos asociados durante as distintas festividades do ano 2022.

A Asociación recibiu a autorización para a ampliación en dúas horas máis do legalmente establecido para todas as noites, desde a noite do día 9 ao 10 de abril ata a noite do 16 ao día 17 de abril (incluída) por parte de todos os Concellos da provincia de Lugo, a excepción dos seguintes concellos e coas peculiaridades que se expoñen a continuación:

CONCELLO DE QUIROGA: autoriza dúas horas para os días 9, 10, 14, 15, 16, 17 e 18

AMPLIACIÓN DUNHA HORA: Abadín e Portomarín

CONCELLO DE VIVEIRO: autoriza nunha hora máis, só as seguintes noites: do 9 ao 10 de abril, do 14 ao 15 de abril, do 15 ao 16 de abril e do 16 ao 17 de abril.

AÍNDA NON ENVIARON AUTORIZACIÓN os seguintes Concellos (por tanto, os establecementos destes concellos, non poderán aumentar o seu horario de peche): Burela, Burela, Carballedo, Cervo, Chantada, Folgoso do Courel ,Guitiriz, Navia de Suarna, Ourol, Pantón, Páramo, Pol e Trabada.

Horarios vixentes