APEHL

Acordo con Indemniza para a reclamación de perdas pola pandemia

Hostelería de España, patronal da que forma parte a Asociación Provincial de Empresarios de Hostalería e Turismo de Lugo (Apehl), chegou a un acordo coa plataforma INDEMNIZA para a xestión integral dos trámites da reclamación das perdas sufridas durante o estado de alarma entre marzo e xuño, xa que se trata dunha demanda crecente no sector.

O convenio asinado permitirá que calquera persoa física ou xurídica que realice actividades de restauración (bares, restaurantes, cafeterías) e aloxamento poida realizar dita tramitación online de forma sinxela, segura, sen desprazamentos e cun custo económico reducido para socios de Apehl. Ademais, este servizo facilita a contratación online e inclúe un informe pericial asinado por un perito colexiado, a elaboración da reclamación administrativa e a presentación da mesma ante a Administración Xeral do Estado, todo iso baixo a dirección xurídica do equipo de avogados de INDEMNIZA.

A plataforma dixital mantén informado ao empresario do estado do seu expediente en todo momento mediante correo electrónico e ademais conta cun teléfono de consulta para calquera cuestión que necesite. É importante ter en conta que o prazo para poder realizar a reclamación administrativa expira o próximo 1 de marzo de 2021 sendo imprescindible este paso para un posterior proceso contencioso.

Doutra banda, a web de información incorpora un "simulador de reclamación" onde os interesados poden estimar o importe a reclamar antes de contratar.

Para máis información, consulta con Apehl no teléfono 982.22.69.12.