04.12.2019. A Xefatura Territorial da Xunta en Lugo, en resposta á solicitude presentada pola Asociación Provincial de Empresarios de Hostalería e Turismo de Lugo (Apehl), autoriza a ampliación dunha hora sobre o horario límite de peche habitual nos establecementos asociados a esta nas noites do xoves 5 de decembro ao venres 6 de decembro, do venres 6 ao sábado 7, e do sábado 7 ao domingo 8, con motivo da celebración da ponte da Constitución.
A autorización poderá aplicarse en todos os concellos da provincia, agás no Concello de Friol.