13.12.2023. A maioría dos Concellos da provincia, en resposta á solicitude presentada pola Asociación Provincial de Empresarios de Hostalería e Turismo de Lugo (Apehl), autorizan a ampliación de dúas horas sobre o horario límite de peche habitual nos establecementos asociados á mesma desde a noite do 22 ao 23 de decembro ata a noite do 6 ao 7 de xaneiro, con motivo da celebración das festas de Nadal.
Estas son as excepcións:
Non enviaron a autorización polo momento: Chantada, Guitiriz e Negueira de Muñiz.
Portomarín só autoriza a ampliación do horario nunha hora nas datas sinaladas anteriormente.
Os Concellos de Carballedo, Cervo e Cospeito autorizan dúas horas máis no período comprendido entre os días 22 de decembro e 6 de xaneiro, ambos incluídos.
O Concello de Outeiro de Rei autoriza a ampliación de dúas horas todas as noites, desde a noite do 22 ao 23 de decembro ata a noite do 5 ao 6 de xaneiro, ambas incluídas.
O Concello de Quiroga autoriza dúas horas máis de apertura os días 23, 24, 25, 30 e 31 de decembro e 1, 6 e 7 de xaneiro.
O Concello de Viveiro autoriza unha hora nas noites do 22 ao 23, do 23 ao 24 e do 24 ao 25 de decembro e permite dúas horas máis na noite do 31 de decembro ao 1 de xaneiro.
O Concello de Xove amplía o horario dúas horas desde a noite do 22 ao 23 de decembro ata a noite do 28 ao 29 de decembro e desde a noite do 30 ao 31 de decembro ata a noite do 5 ao 6 de xaneiro.
O Concello de Burela autoriza unha hora máis nas noites do 22 ao 23, do 24 ao 25, do 25 ao 26 e do 29 ao 30 de decembro e nas noites do 1 ao 2 e do 5 ao 6 de xaneiro, e permite dúas horas máis nas noites do 23 ao 24, do 30 ao 31 e do 31 de decembro ao 1 de xaneiro.