APEHL

Ampliación de horario nos locais de hostalería asociados á Apehl durante a Semana Santa

08.04.2022. A Asociación Provincial de Empresarios de Hostalaría e Turismo de Lugo (Apehl) dirixiuse a todos os Concellos da provincia de Lugo para solicitar a ampliación de horario en dúas horas máis do legalmente establecido para todos os seus establecementos asociados durante as distintas festividades do ano 2022.

A Asociación recibiu a autorización para a ampliación en dúas horas máis do legalmente establecido para todas as noites, desde a noite do día 9 ao 10 de abril até a noite do 16 ao día 17 de abril (incluída) por parte de todos os Concellos da provincia de Lugo, fóra dos seguintes concellos e coas peculiaridades que se expoñen a continuación:

AMPLIACIÓN DUNHA HORA: Abadín e Portomarín

CONCELLO DE VIVEIRO: autoriza nunha hora máis, só as seguintes noites: do 9 ao 10 de abril, do 14 ao 15 de abril, do 15 ao 16 de abril e do 16 ao 17 de abril.

AÍNDA NON ENVIARON AUTORIZACIÓN os seguintes Concellos (por tanto, os establecementos destes concellos, non poderán aumentar o seu horario de peche): Burela, Carballedo, Cervo, Chantada, Folgoso do Courel, Fonsagrada, Guitiriz, Monforte de Lemos, Navia de Suarna, Ourol, Pantón, Páramo, A Pastoriza, Pol, Quiroga, Ribas de Sil, Ribeira de Piquín, Samos, Sarria, Trabada, Vicedo e Xermade.

Horarios vixentes