Desde a Asociación Provincial de Empresarios de Hostalería e Turismo de Lugo (Apehl), en colaboración coa Xunta de Galicia e Hostalería e Turismo de Galicia —entidade da que forma parte a Apehl—, reafirmamos o noso compromiso coa sostibilidade no sector hostaleiro.
Por este motivo, organizamos xornadas de sensibilización dirixidas a persoas titulares e traballadoras dos locais de hostalería. O obxectivo é promover prácticas responsables que reduzan o impacto ambiental dos establecementos, fomentando a reciclaxe e unha xestión axeitada dos residuos.
Para levar a cabo unha sesión gratuíta nun establecemento, só é necesario contactar coa Asociación a través do teléfono 982 226 912. Durante a xornada abordaranse aspectos como a separación dos residuos, o uso correcto do quinto colector e o impacto positivo da reciclaxe.