APEHL

A Apehl organizará por segundo ano consecutivo o Marida Maio

02.05.2025. A delegación sur da Asociación Provincial de Empresarios de Hostalería e Turismo de Lugo (Apehl) promove novamente as xornadas enogastroturísticas da Ribeira Sacra co nome de Marida Maio.

Esta actividade desenvolverase no Centro do Viño da Ribeira Sacra de Monforte de Lemos os  seguintes xoves de maio: o 15, o 22 e o 29.

No Marida Maio combínanse as presentacións dos viños das adegas participantes xunto cos pinchos dos establecementos hostaleiros. Tamén se unen empresas turísticas da Ribeira Sacra para dar a coñecer os seus servizos. Todas aquelas firmas que queiran estar presentes no evento deben poñerse en contacto coa organización no teléfono 982 412 050 antes do 6 de maio.

O concello de Monforte de Lemos e o Centro do Viño da Ribeira Sacra colaboran nesta celebración patrocinada pola Deputación de Lugo.