APEHL

A Apehl e Otea organizan unha videoconferencia explicativa sobre a plataforma Ses.Hospedajes

08.04.2025. A Asociación Provincial de Empresarios de Hostalería e Turismo de Lugo (Apehl) e a Asociación de Hostelería e Turismo en Asturias (Otea) organizan unha videoconferencia explicativa do procedemento de alta na plataforma Ses.Hospedajes para aqueles establecementos asociados. 

A intención é informar do proceso a aqueles locais que non manexaran a aplicación ou teñan dúbidas ao respecto. 

A xornada desenvolverase este xoves 10 de abril ás 11:00 h. As persoas interesadas en participar nela deben inscribirse na seguinte ligazón antes do 9 de abril: https://forms.office.com/e/wb6GPU58G6