APEHL

Aprazado o XVI Concurso de Tapas de Lugo

31.08.2020. A Asociación Provincial de Empresarios de Hostalería e Turismo de Lugo (Apehl) apraza o XVI Concurso de Tapas de Lugo, que ía ter lugar do 4 ao 20 de setembro, ante a situación epidemiolóxica actual no concello de Lugo e as medidas adoptadas pola Consellería de Sanidade para frear o contaxio por covid-19.

A organización do certame retomarase cando a situación sanitaria mellore, as condicións da hostalería se recuperen e se poida acudir aos locais coa maior normalidade posible, sempre respetando as medidas sanitarias recomendadas.

Para máis información poden chamar ao teléfono da Apehl 982 226 912 en horario de 9:00 a 14:00 h.