APEHL

Bartalent Lab renóvase para seguir inspirando aos profesionais da hostalería

06.04.2020. A plataforma de formación e información Bartalent Lab para hostalería, impulsada por Coca-Cola European Partners Iberia e creada para ofrecer formación e contidos a profesionais do sector da hostalería, reconverteuse, baixo o concepto #JuntosporlaHostelería, para contribuír a preparar a volta á actividade deste sector unha vez superemos a emerxencia sanitaria.

Por este motivo, a partir desta semana, Bartalent Lab adáptase e comeza a ofrecer novos contidos gratuítos, formativos e motivacionais, actualizados e relevantes, en formatos accesibles e inmediatos, por e para o sector. O obxectivo é reconverter esta plataforma nunha biblioteca colaborativa e gratuíta de recursos, onde os profesionais hostaleiros (camareiros, xefes de sala, cociñeiros etc.) poidan obter información e consellos de utilidade, así como continuar coa súa formación.

Todos os contidos ofrecidos por Bartalent, que contribuirán a preparar a volta á actividade dos establecementos que tiveron que pechar durante a situación actual, reforzaranse con sesións en streaming a través do perfil de @Bartalentlaboficial en Instagram, nas que se tratarán temáticas como a relación entre profesionais e clientes, a sustentabilidade, a hostalería dixital, as novas tendencias, delivery e take away, mixoloxía, rendibilidade, asesoría legal e financeira, recursos humanos, prevención e operativa, entre outras. Ademais, contará con relatores profesionais da hostalería en España e asociacións locais de hostalería, así como de clientes do sector e outros expertos do sector da hostalaría.

Este mércores 8 de abril ás 18.00h celebrarase a segunda sesión virtual de Bartalent Lab, na que participará José Luís Yzuel, presidente de Hostelería de España.

A plataforma tamén irá publicando noticias relevantes para o sector, contidos formativos en diversos formatos, cursos de formación gratuítos e casos de éxito inspiradores para os profesionais do sector.