31.03.2023. A Asociación Provincial de Empresarios de Hostalería e Turismo de Lugo (Apehl) dirixiuse a todos os Concellos da provincia de Lugo para solicitar a ampliación de horario en dúas horas máis do legalmente establecido para todos os seus establecementos asociados durante esta Semana Santa.
A asociación recibiu a autorización para a ampliación en dúas horas máis do legalmente establecido para todas as noites, desde a noite do día 1 ao 2 de abril ata a noite do día 8 ao 9 de abril (incluída) por parte de todos os concellos da provincia de Lugo, a excepción dos seguintes e peculiaridades que se expoñen a continuación:
Concellos de Guitiriz e Portomarín: autorizan solo unha hora de ampliación.
Concello de Burela: autoriza a ampliación nunha hora para os restaurantes, salóns de banquetes, cafeterías, bares e pubs e en trinta minutos para as discotecas nas seguintes datas: a noite do 6 o 7, a do 7 ao 8 e a do 8 ao 9.
Concello de Viveiro: autoriza unha hora as noites do 6 ao 7, do 7 ao 8 e do 8 ao 9.
Concello de Cervo: autoriza dúas horas máis nos núcleos municipais do Concello para o período comprendido entre o Domingo de Ramos e o de Resurrección, ambos incluídos (do 2 ao 9 de abril).
Concellos de Cospeito, Monforte e Xove: autoriza dúas horas todas as noites desde a do día 2 ao 3 de abril ata a do 8 ao 9 de abril.
Concello de Quiroga: autoriza dúas horas os días 1, 2, 6, 7, 8, 9 e 10 de abril.
Concello de Ribadeo: autoriza dúas horas na madrugada do día 31 de marzo ao 1 de abril, do 1 ao 2, do 2 ao 3, do 3 ao 4, do 4 ao 5, do 5 ao 6, do 6 ao 7, do 7 ao 8 e do 8 ao 9 de abril
Aínda non enviaron resposta os seguintes Concellos: Chantada e Negueira de Muñiz.