APEHL

Celebrada con éxito a segunda xornada do Marida Maio

24.05.2024. Durante a tarde de onte, o Centro do Viño da Ribeira Sacra de Monforte de Lemos acolleu a segunda xornada do Marida Maio, evento organizado pola Asociación Provincial de Empresarios de Hostalaría e Turismo de Lugo (Apehl) e patrocinado pola Deputación de Lugo.

Estas xornadas consisten en presentacións dos viños das bodegas participantes xunto cos pinchos dos establecementos hostaleiros; tamén se unen empresas turísticas para dar a coñecer os seus servizos.

Co aforo completo, o encontro de onte resultou ser todo un éxito. Comezou ás 19:30 h e participaron as bodegas Abadía da Cova e Vía Romana, así coma os restaurantes Akelarre e Berso. Os asistentes tamén desfrutaron dunha actuación musical en directo.

O próximo xoves día 30 desenvolverase a última cita do Marida Maio 2024, na que estarán presentes a bodega Regina Viarum, os restaurantes Playa de A Cova e Galicia e Enoturismo Galicia. O aforo xa está completo, polo que as persoas interesadas en asistir quedarán nunha lista de reserva.