APEHL

Charla informativa sobre a prevención e o control da lexionelose

21.06.2024. Tras todas as consultas recibidas en Apehl sobre os novos requisitos sanitarios para a prevención e o control da lexionelose, recollidos no Real Decreto 487/2022, do 21 de xuño, o próximo xoves, 27 de xuño, ás 11:30 h, a sede da Asociación en Lugo (C/Ramón Montenegro,15-entlo), acollerá unha charla sobre as principais implicacións e medidas que afectan ao noso sector impartida por responsables da empresa Plagostel, líder no sector de control de pragas e seguridade alimentaria.

Falarase de cantas análises se teñen que facer, das medidas estruturais a tomar como establecemento afectado e da formación a ter. Tamén se explicará que establecementos están afectados polo novo decreto, teñan ou non acumuladores de auga.

Se estás interesado, chama ao 982 226 912 e reserva a túa praza. As prazas son limitadas e cubriranse por rigorosa orde de inscrición.