Claves recollidas no BOE sobre a Fase 2 para a hostalería
25.02.2020. O Boletín Oficial del Estado publicado este sábado 23 de maio recolle a Orde SND/440/2020, pola que se modifican diversas ordes para unha mellor xestión da crise sanitaria ocasionada pola covid-19 en aplicación do Plan para a transición cara a unha nova normalidade, concretamente relativa á Fase 2. Entre elas, varias medidas relacionadas coa reapertura de establecementos hostaleiros, que resumimos así:
TERRAZAS AO AIRE LIBRE
- Considérase todo espazo non cuberto e se está cuberto só pode estar rodeado lateralmente por un máximo de dúas paredes, muros ou paramentos.
- Limítase o uso ao 50 % do aforamento permitido.
- Respectarase sempre a distancia de polo menos dous metros entre as mesas ou agrupacións de mesas. Tamén se debe gardar distancia interpersoal e, no caso de que non se poida manter esa distancia, levarase máscara (a día de hoxe é obrigatoria en sitios públicos a condición de que non se poida gardar a distancia de seguridade).
- Como máximo cada mesa terá unha capacidade de 10 comensais.
ESTABLECEMENTOS DE HOSTALERÍA E RESTAURACIÓN (exceptúanse as discotecas e bares de lecer nocturno)
- Reapertura ao público do interior do local para consumo exclusivo de servizo en mesa e sempre que non se supere o 40 % de aforamento do local.
- Non utilización de barra. Unicamente realizarase o consumo sentado en mesa e preferentemente con reserva previa.
- Distancia entre mesas ou agrupacións de mesas de dous metros, tamén se debe gardar a distancia interpersoal, se non se pode gardar a distancia levarase máscara que, a día de hoxe, é obrigatoria en sitios públicos a condición de que non se poida gardar a distancia.
- Está permitido o encargo no propio establecemento de comida e bebida para levar. Establecerase no local un itinerario para evitar aglomeracións e previr o contacto entre clientes.
NORMATIVA COMÚN AOS DOUS ESPAZOS
- Limpeza e desinfección das mesas e cadeiras antes do seu uso entre un cliente e outro. O cliente deberá esperar ás indicacións para poder ocupar unha mesa.
- Limpeza e desinfección do local polo menos unha vez ao día.
- Preferentemente utilizaranse mantelerías dun só uso, no caso de que isto non fose posible, os manteis e salvamanteis cambiaranse entre cliente e cliente. Lavaranse entre 60 e 90 graos.
- Dispensadores de xeles a disposición dos clientes como mínimo na entrada do establecemento e na saída dos baños.
- Non se poderán utilizar as cartas habituais. Pódense cantar (a condición de que exista unha carta exposta), escribir en lousas, QR…
- Os elementos como vaixela, copas e demais, deberán estar gardados nun armario e se non é posible, afastados da zona de paso de traballadores e clientes.
- Eliminaranse, servilleteros, palilleros, vinagreras…, priorizando monodoses ou o seu servizo noutros formatos baixo petición do cliente.