El Boni, gañador da última edición celebrada en 2021, foi o lugar elixido para dar inicio ao certame gastronómico no que participan un total de 37 locais.
04.11.2022. Cheché Real, presidente da Asociación de Empresarios de Hostelería e Turismo de Lugo (Apehl); Maite Ferreiro, concelleira de Cultura e Turismo do Concello de Lugo; Ana María González Abelleira, Tenente de Alcaldesa e titular da Área de Cohesión e Dinamización Social; Cristina López, concelleira de Participación e Servicios para o Vecindario, e o delegado de Estrella Galicia en Lugo, Pedro Gay, inauguraron esta mañá en El Boni a décimo sétima edición do Concurso de Tapas de Lugo, que comeza hoxe ata o 20 de novembro. A final terá lugar a fin de semana seguinte, 25, 26 e 27 de novembro.
Un ano máis, o certame está organizando pola Apehl, co patrocinio do Concello de Lugo e coa colaboración do Consello Regulador da Denominación de Orixe Ribeira Sacra e de Estrella Galicia.
Durante o acto, o cociñeiro de El Boni, José Luis Pardo, explicou a tapa que presentará este ano aos seus comensais, A leira do mar. Consiste nunhas gyozas de polbo, lagostino e rodaballo á brasa, sendo así un prato de cociña fusión entre Xapón e Galicia.
FUNCIONAMENTO DO CONCURSO
Este ano, os prezos das tapas estarán entre 2 e 4 euros e poderanse degustar, como mínimo, de 13:00 a 15:30 h e de 20:00 a 22:30 h.
Os consumidores votarán as tapas do concurso mediante o cupón de votación individual, que terá que ir selado polo establecemento correspondente e cuberto cos seus datos. A valoración é do 1 ao 5, sendo 1 a nota máis baixa e 5, a máis alta. Todos estes cupóns entrarán no sorteo de distintos premios.
Ademais, todos os locais terán a disposición dos clientes os folletos-pasaporte, que os consumidores deberán selar para poder participar nos sorteos desta edición. Se o folleto-pasaporte está selado como mínimo por 10 establecementos participantes optarase a unha estancia para dúas persoas en Hacienda Zorita, de Salamanca, e se o folleto-pasaporte está selado como mínimo por 20 establecementos participantes optarase a unha viaxe dunha semana para dúas persoas a Budapest.
PREMIOS
O público será o encargado de seleccionar o gañador do concurso así como as 12 tapas finalistas. Farao a través dos cupóns de votación que poderá depositar nas urnas dispoñibles en todos os locais ata o 20 de novembro, fecha límite tamén para depositar os folletos-pasaporte en ditas urnas.
Por outra banda, un xurado profesional encargarase de escoller durante os días da final, nos que as tapas finalistas estarán nesta ocasión a disposición do público xeral, cinco títulos máis: primeiro premio, segundo premio, terceiro premio, mellor maridaxe Estrella Galicia e mellor maridaxe Ribeira Sacra.
LISTADO DE PARTICIPANTES
Os 37 establecementos que participan nesta edición do Concurso de Tapas de Lugo son os seguintes:
Toda a información do certame está dispoñible na web www.xantardetapas.com.