APEHL

Comeza unha nova edición do Chantapas

01.12.2022. Os hostaleiros de Chantada preparan para as fines de semana do 2 ao 4 e do 9 ao 11 de decembro unha nova edición do seu Concurso de Tapas. Participarán un total de sete establecementos hostaleiros e poñerán as súas propostas a disposición dos clientes durante eses días.

Os locais participantes son: A Viñoteca, Carballeira, Garden Bar, Bar Mánix, Café Cantón, adaRosa Tapería e La Cervecería. Desde Apehl, que colaboramos cada ano co concurso, animámosvos a asistir aos establecementos a probar as tapas.