APEHL

COMUNICADO | Novo proxecto en marcha sobre rutas paisaxísticas do norte de España

03.03.2022. A Asociación Provincial de Empresarios de Hostalería e Turismo de Lugo vai presentar nas próximas semanas un novo proxecto sobre rutas paisaxísticas do norte de España á liña de axudas Experiencias Turísticas do Ministerio de Comercio e Turismo.

O proxecto preséntase en conxunto con outras asociacións de hostalería e turismo do oito comunidades do norte de España (Galicia, Asturias, Cantabria, País Vasco, A Rioxa, Navarra, Aragón e Cataluña), co fin de formar unha alianza estratéxica para desenvolver unha experiencia turística innovadora sobre o desenvolvemento do touring, como o aproveitamento das súas rutas paisaxísticas.

Esta experiencia turística pretende establecerse nesta selección de territorios, que comparten unha serie de características comúns, as cales potencian a súa competitividade no turismo do motor paisaxístico:

  • RUTAS PAISAXÍSITICAS POR ESTRADA: miles de quilómetros, con baixa condensación de tráfico, para gozar da natureza, a etnografía, a gastronomía etc.
  • RESTAURANTES, BARES E ALOXAMENTOS: ampla oferta cuns servizos e hospitalidade contrastados.
  • GASTRONOMÍA: tres das mellores gastronomías do país e do continente europeo.
  • CULTURA, ARTE, TRADICIÓNS E FESTIVIDADES.

Beneficios para as empresas que se adhiran ao proxecto
Os establecementos adheridos a Touring Spain (aloxamentos, restaurantes, empresas de actividades, empresas organizadoras de eventos etc) disporían dun espazo común no que promocionar e comercializar os seus produtos ou servizos, cunha mensaxe e contido segmentado á Experiencia Touring España e a través dunha plataforma de venda on-line única, centralizadora e integrada con softwares de e-commerce, especializados nos diferentes sectores de actividade.
Atoparíanse cunha plataforma web ben traballada, situada e segmentada no mercado do turismo do motor, tanto a nivel nacional como internacional, que lles permitiría centrar a súa mensaxe e oferta neste público obxectivo concreto, incrementado así as posibilidades de éxito na visibilidade e comercialización dos seus produtos ou servizos.