10.10.2025. A Asociación Provincial de Empresarios de Hostalería e Turismo de Lugo, en colaboración coa Deputación de Lugo, organiza un ano máis o curso Certificado en Cultura de Viños do Mundo, que será impartido polo Instituto Galego do Viño, cuxo director é Xoán Cannas.
O curso terá lugar os días 17, 18, 24 e 25 de novembro e 1 e 2 de decembro.
Con un total de 40 viños internacionais, 50 horas formativas e unha viaxe á Ribeira Sacra, o curso celebrarase este ano no Centro do Viño de Monforte de Lemos, en horario de 9:30 h a 14:00 h e de 15:30 h a 19:00 h.
As inscricións son totalmente gratuitas e por rigoroso orde de inscrición. Poden formalizarse cubrindo este formulario da nosa web ou poñéndose en contacto coa Apehl no teléfono 982 226 912.
PLAZAS LIMITADAS (Só será válida a reserva de praza cando recibas un mail de confirmación)