27.10.2021. A Asociación Provincial de Empresarios de Hostalería e Turismo de Lugo, en colaboración coa Deputación de Lugo, prepara para os días 10, 16, 17, 23, 24 e 30 de novembro o curso Certificado en Cultura de Viños do Mundo que será impartido por docentes do Instituto Galego do Viño, do que é director Xoán Cannas.
O curso terá lugar na sede da Apehl, en Lugo, en horario de 10:00 h a 14:00 h e de 16:00 h a 20:30 h.
As prazas son limitadas. Para realizar as inscricións, que son gratuítas, poden facelo enchendo o seguinte cuestionario ou poñéndose en contacto coa Apehl no teléfono 982 22 69 12.