APEHL

Curso gratuito de Prevención de Riscos e Benestar Laboral con enfoque sostible

20.08.2025. A Asociación Provincial de Empresarios de Hostalería e Turismo de Lugo, en colaboración coa Xunta de Galicia, prepara para o mes de outubro o curso Prevención de Riscos e Benestar Laboral con enfoque sustentable.

O curso, que será gratuito, contará con dúas edicións:

  • Lugo: do 14 ao 30 de outubro.
  • Monforte de Lemos: do 6 ao 22 de outubro.

Obxectivos
Mellorar o benestar laboral mediante a identificación e prevención dos riscos psicosociais e físicos no traballo, promovendo prácticas seguras, inclusivas e equitativas. Tamén busca fomentar a xestión emocional, a motivación persoal e a prevención do acoso desde unha perspectiva de xénero.

Metodoloxía
Modalidade: teleformación.
Flexibilidad horaria: campus virtual disponible 24h/día, 7 días/semana.

Destinatarios
Traballadoras e os traballadores do sector de hostalería e turismo na provincia de Lugo, tanto ocupados, como en ERTE ou desempregados ao inicio do curso, así como aos futuros traballadores do sector que están en formación.

Prazas limitadas

Programa

Inscricións