29.07.2024. O prestixioso Centro Superior de Hostelería de Galicia, referente na formación en Dirección Hostaleira, Cociña e Gastronomía en Galicia e a nivel internacional, dispón de 11 bolsas exclusivas para o Curso Superior de Chef en Cociña e Pastelería, que cobren entre o 80 e o 50 % da matrícula e en todos os casos o 100 % do aloxamento.
Os requisitos para poder matricularse son:
-Ter experiencia polo menos de 6 meses nun negocio hostaleiro e superar unha entrevista persoal a distancia ou persoal.
A matrícula está aberta ata setembro e podes apuntarte xa cumprimentando o formulario neste enlace:
Para mais información podes acceder ao seguinte enlace:
https://www.cshg.gal/gl/estudia-curso-chef
Para calquera pregunta ou para matricularte podes contactar coa Apehl no teléfono 982 22 69 12.