APEHL

O BOE publica a normativa da Fase 3, na que Galicia aínda non entrou

Compartimos as novidades publicadas polo BOE para a Fase 3 co fin de dar a coñecer o que xa empezaron a facer hoxe noutras comunidades. Galicia continúa aínda en Fase 2.

Fase 3:

  • En materia de hostalería e restauración permitirase o consumo en barra sempre que se garanta o mantemento da distancia de seguridade entre clientes ou, no seu caso, grupos de clientes, de dous metros. Deste xeito, establécese un réxime equivalente ao permitido para o consumo en mesa, para o que se mantén unha distancia de dous metros entre mesas ou agrupacións de mesas. Así mesmo, permitirase que as terrazas ao aire libre abran ao setenta e cinco por cento da súa capacidade permitida.
  • Poderá procederse á apertura ao público dos establecementos de hostalería e restauración para consumo no local, salvo os locais de discoteca e bares de lecer nocturno, sempre que non se supere o cincuenta por cento do seu aforamento e se cumpran as condicións previstas no capítulo IV da Orde SND/458/2020, de 30 de maio.
  • Polo que se refire aos hoteis e aloxamentos turísticos permitirase a apertura ao público das zonas comúns sempre que non superen o cincuenta por cento do seu aforamento.
  • Poderanse realizar actividades de turismo activo e de natureza para grupos de ata un máximo de trinta persoas.

 

Achegamos o BOE nesta ligazón para coñecer todas estas medidas, que, lembramos, aínda non están en vigor para Galicia.