06.07.2020. O Boletín Oficial do Estado recolle este Real Decreto-Lei 25/02020, de 3 de xullo, de medidas urxentes para apoiar a reactivación económica e o emprego.
Entre as medias aprobadas destacan:
- Nova liña de avais.
- Amplíanse as bonificacións á seguridade social para contratos fixos discontinuos que se realicen entre os meses de xullo, agosto, setembro e outubro de 2020 nos sectores do turismo, o comercio e a hostalería vinculados á actividade turística. A medida consiste na posibilidade de aplicar unha bonificación do 50 % das cotas empresariais á Seguridade Social por continxencias comúns, así como polos conceptos de recadación conxunta de Desemprego, Fogasa e Formación Profesional dos devanditos traballadores.
- Moratoria hipotecaria para inmobles afectos a actividade turística.