23.03.2026. A 18.ª edición do Estase Cocendo rematou esta pasada fin de semana logo de quince días de celebración. Este sábado tivo lugar o V Aquelarre das Meigas cun programa completo de actividades, que contou con numerosa participación de público en Monforte.
A mañá foi dedicada á visita guiada que percorreu os miradores de Santiorxo e Cadeiras, a igrexa de Pinol e a bodega O Cruceiro. Os obradoiros infantís entretiveron aos máis pequenos e a tarde noite ateigou o centro de Monfrote co concurso de Meigas, o desfile con batucada e a Noite Meiga, con música en directo a cargo de Lorena do Val e o seu pianista Manuel Arroyo.
Durante esta quincena do mes de marzo, na que se desenvolveu o Estase Cocendo, o público tamén puido participar na visita guiada por Monforte e na quedada de motos; degustar o cocido e ofertas gastronómicas especiais, e gozar de descontos en pubs, hoteis, pensións e casas de turismo rural de case unha trintena de establecementos hostaleiros das localidades de Bóveda, Chantada, Monforte de Lemos, A Pobra do Brollón, Quiroga, Ribas de Sil, O Saviñao e Sober.
Este evento é unha iniciativa da Apehl que conta co patrocinio da Deputación Provincial de Lugo e coa colaboración dos Concellos de Monforte de Lemos, Quiroga, Sober e A Pobra do Brollón, do Consello Regulador da Denominación de Orixe Ribeira Sacra, do Centro do Viño da Ribeira Sacra, da adega Val do Frade, de En Lá, do Salón de Beleza María, da Floraría Flor e Fauna, Manuela Fuentes, Solo e do Centro Comercial Urbano de Monforte. Dende a organización agradacen o apoio das institucións e das empresas privadas.