APEHL

O posto ...E para comer, Lugo, preparado en Mónaco para a súa presenza na Vuelta 2026

21.08.2026. O equipo de …E para comer, Lugo está listo para o comezo da Vuelta Ciclista a España 2026 este sábado, 22 de agosto, na cidade de Mónaco. Por décimo cuarto ano consecutivo, a Asociación Provincial de Empresarios de Hostalería e Turismo de Lugo (Apehl) promocionará, co apoio da Xunta de Galicia a través de Turismo de Galicia, a provincia de Lugo no marco do evento deportivo, que se converterá nun escaparate inigualable das riquezas gastronómica e turística lucenses.

Como en edicións anteriores, o punto …E para comer, Lugo instalarase nas zonas de saída de cada unha das 21 etapas, concretamente nas áreas VIP habilitadas. O persoal da Asociación será o encargado de ofrecerlles aos asistentes —ciclistas, patrocinadores e medios de comunicación, entre outros convidados— aperitivos elaborados con produtos autóctonos, todos con selos de calidade; material promocional da provincia, e exemplares da última edición da guía turístico-gastronómica ...E para comer, Lugo.

Entre os provedores e entidades colaboradoras figuran os consellos reguladores de Agricultura Ecolóxica (CRAEGA), Ribeira Sacra, Ternera Gallega, Queixo Arzúa-Ulloa, Queixo do Cebreiro, Queixo Tetilla, Queixo San Simón da Costa, Pataca de Galicia, Castaña de Galicia, Pementos de Mougán, Mel de Galicia, Faba de Lourenzá, Grelos de Galicia e Aceite de Quiroga, así como as asociacións Asoporcel, Avimós, Asovega e Afapan. Tamén colaboran Artesanía Alimentaria (Agacal), Armadores de Burela, Galletas Daveiga, Cafés Candelas, El Progreso, INPE, Transportes Valín e Hijos, Grupo Cinematográfico Fonmiñá e Jazz Lugo.